Descrición
Reordena de forma intuitiva entradas, páxinas, tipos de contido personalizados, taxonomías e sitios cunha sinxela interface de arrastrar e soltar.
Intuitive Custom Post Order permíteche reordenar elementos con só arrastrar e soltar na administración de WordPress.
Podes ordenar entradas, páxinas, tipos de contido personalizados, taxonomías e (en Multisitio) sitios.
Vai a Axustes Intuitive CPO e selecciona os tipos de contido que queres facer ordenables.
Unha vez activados, só tes que arrastrar e soltar os elementos nas táboas de listado; non é necesaria ningunha configuración adicional.
Se creas consultas personalizadas no teu tema ou plugins, establece orderby=menu_order e order=ASC para respectar a orde de arrastrar e soltar.
Para manter a orde por defecto de WordPress (por data), establece explicitamente orderby=date e order=DESC.
O código fonte e o desenvolvemento están dispoñibles en GitHub.
Capturas
Instalación
- Sube o cartafol «intuitive-custom-post-order» ao directorio
/wp-content/plugins/. - Active o complemento a través do menú ‘Complementos’ en WordPress.
- Vai a Axustes Intuitive CPO e elixe que tipos de contido ou taxonomías queres facer ordenables.
- Simplemente arrastra e solta os elementos nas táboas de listado para reordenalos.
Preguntas frecuentes
-
Necesito cambiar o meu tema para que a ordenación funcione?
-
Non. Após a activación, os elementos pódense ordenar na interface de administración e as consultas da parte pública dos tipos de contido activados ordénanse automaticamente por
menu_order ASC, a menos que pases explicitamente o teu propioorderby. -
Como fago que a miña consulta personalizada respecte a orde de arrastrar e soltar?
-
Especifica
orderby=menu_ordereorder=ASCnos argumentos da túa consulta.WP_Query:
<?php new WP_Query( array( 'post_type' => 'your_cpt', 'orderby' => 'menu_order', 'order' => 'ASC', ) ); ?>get_posts():
<?php get_posts( array( 'post_type' => 'your_cpt', 'orderby' => 'menu_order', 'order' => 'ASC', ) ); ?> -
Quero a orde por data (primeiro o máis recente) para unha consulta concreta. Como o fago?
-
Establece explicitamente:
<?php new WP_Query( array( 'orderby' => 'date', 'order' => 'DESC', ) ); ?>Para get_posts(), o plugin é compatible cun pequeno interruptor:
<?php get_posts( array( 'orderby' => 'default_date', 'order' => 'DESC', ) ); ?> -
É compatible query_posts()?
-
WordPress core desaconsella query_posts() porque altera a consulta principal de forma fráxil.
Usa no seu lugarpre_get_posts(recomendado) ouWP_Query.Exemplo con pre_get_posts para forzar a orde por data na páxina principal do blog:
<?php add_action( 'pre_get_posts', function( $q ) { if ( is_admin() || ! $q->is_main_query() ) { return; } if ( is_home() ) { $q->set( 'orderby', 'date' ); $q->set( 'order', 'DESC' ); } } ); ?> -
Funciona con taxonomías e termos?
-
Si. Nas taxonomías activadas, os termos pódense reordenar e devólvense nesa orde na parte pública.
Cando crees consultas de termos personalizadas, asegúrate de non sobrescribir a orde a menos que queiras facelo. -
Multisitio: podo reordenar os sitios na administración da rede?
-
Si. Cando está activado nos axustes da rede, os sitios ordénanse por
menu_order ASC. Arrastrar & soltar na administración da rede actualiza a orde. -
Como podo mover unha entrada da segunda páxina á parte superior da primeira?
-
Vai á pestana «Opcións de pantalla» na parte superior dereita da táboa de listado e aumenta o «Número de elementos por páxina».
Deste xeito, todos os elementos que queiras reordenar aparecerán na mesma páxina e poderás arrastralos á posición desexada.
Comentarios
Colaboradores e desenvolvedores
“Intuitive Custom Post Order” é un software de código aberto. As seguintes persoas colaboraron con este plugin.
Colaboradores“Intuitive Custom Post Order” foi traducido a 21 idiomas. Grazas aos desenvolvedores polas súas contribucións.
Traduce “Intuitive Custom Post Order” ao teu idioma.
Interesado no desenvolvemento?
Revisa o código, bota unha ollada aorepositorio SVN, ou subscríbete ao log de desenvolvemento por RSS.
Rexistro de cambios
3.2.0
- Reforzo da seguridade: CSRF/nonces unificados, comprobacións de capacidade e respostas JSON estandarizadas en todos os manexadores AJAX.
- Administración da rede: cambiouse á capacidade
manage_network_optionse ás APIs*_site_optionpara os axustes de multisitio. - Mellorouse o tratamento das redireccións: usa
admin_url()/network_admin_url()e aseguraexit;após as redireccións. - Sanitización de entrada: reforzouse o tratamento dos valores de
$_GET,$_POSTe$_SERVERcon comparacións estritas. - Refactorización do código: substituíuse a análise de versión personalizada por
get_file_data()e limpáronse os valores devoltos depre_get_posts. - JavaScript: comportamento ordenable mellorado con resposta clara de éxito/fallo, interface desactivada durante o gardado e avisos de accesibilidade mediante
wp.a11y.speak. - UI/UX: engadido un indicador de gardado (filas semitransparentes + icona de carga central) durante as operacións de reordenación con arrastrar & soltar.
- Compatibilidade con WordPress: probado ata WP 6.4+ e aliñado cos estándares de código de WordPress (WPCS).
3.1.5.1
- Fallo corrixido
3.1.4.1
- Corrixido hicpo_add_capabilities: engade capacidades só cando o perfil existe.
3.1.4
- Corrixidos os problemas de seguridade actuais. (Grazas @timohubois)
Actualización arbitraria da orde do menú mediante CSRF.
Actualización arbitraria da orde do menú por subscritores ou superior.
3.1.3
- Engadida a capacidade de reparar pedidos duplicados.
3.1.2.1
- Actualizada a versión de WordPress coa que se probou este plugin.
3.1.2
- Resolto o problema do colapso do deseño durante a ordenación con arrastrar e soltar.
3.1.1
- Eliminada a función obsoleta ‘secreen_icon()’.
3.1.0
- Compatibilidade cos sitios.
- Mellorouse a activación.
3.0.8
- Tamén con ‘get_posts()’ ten preferencia a túa consulta personalizada que use os parámetros ‘order’ ou ‘orderby’.
ATENCIÓN: só se usas ‘get_posts()’ para sobrescribir de novo a orde por defecto ( orderby=date, order=DESC ), necesitas usar o parámetro personalizado propio ‘orderby=default_date’.
3.0.7
- Este plugin importarase ao sistema de tradución de translate.wordpress.org. Tamén se activarán paquetes de idioma para este plugin, para todos os idiomas totalmente traducidos (ao 100%).
3.0.6
- Compatibilidade con ‘next_post_link()’ e ‘previous_post_link()’, etc.
- Os parámetros ( $in_same_term, $excluded_terms, $taxonomy ) funcionan perfectamente.
3.0.5
- Fixed bug
- Inicialización de menu_order das páxinas.( orderby=menu_order, post_title, order=asc )
3.0.4
- Ten preferencia a túa consulta personalizada que use os parámetros ‘order’ ou ‘orderby’.
Para que teñan preferencia os parámetros da túa consulta, debes usar ‘WP_Query()’ ou ‘query_posts()’.
Excluído ‘get_posts()’. - Fixed bug
- Decisión de activar o JavaScript ordenable.
- Inicialización de menu_order das páxinas.( orderby=post_title, order=asc )
3.0.3
- Mellora do rendemento na activación.
- Engadida a inicialización da orde de taxonomías personalizadas.
- Fallo corrixido no método de actualización.
- Mellorada a sobrescritura de orderby e order. (Grazas @newash e @anriettec)
3.0.1 & 3.0.2
- Fallo corrixido
3.0.0
- Compatibilidade coa orde de taxonomías personalizadas!!
( wp_list_categories, get_categories, the_terms, the_tags, get_terms, get_the_terms, get_the_term_list, the_category, wp_dropdown_categories, the_taxonomies ) - Compatibilidade coa ordenación na interface de administración.
Mentres está ordenado, o Javascript de arrastrar e soltar non se executa. - Compatibilidade con obxectos non públicos ( show_ui=true, show_in_menu=true )
- Engadidas as traducións ao xaponés.
2.1.0
- Fallo corrixido: ten preferencia a consulta personalizada que use os parámetros ‘order’ ou ‘orderby’.
- Non depende da forma de indicar os argumentos (parámetros).
( $args = ‘orderby=&order=’ or $args = array( ‘orderby’ => ”, ‘order’ => ” ) ) - Melloráronse os problemas que existían nas versións 2.0.7, 2.0.8 e 2.0.9!
- Desde a 2.0.6, actualiza á 2.1.0.
2.0.9
- Mellora do rendemento para a administración.
Mellorouse drasticamente un grave problema de rendemento. - Fallo corrixido: os obxectos adxuntos non se estropean.
- Fallo corrixido: resolta a advertencia de alerta en multisitio.
- Fallo corrixido: ao activar elementos por primeira vez, o ‘menu order’ dos elementos non se estropea.
- Ten preferencia a consulta personalizada que use os parámetros ‘order’ ou ‘orderby’.
2.0.8
- Mellora do rendemento para a administración.
O método de actualización (reconstrución de toda a orde do menú) execútase só na páxina de listado do obxecto activo.
2.0.7
- Fallo corrixido: para WordPress 3.8
- Engadidas as traducións ao sueco. (por Thomas)
2.0.6
- ver.2.0.5 corrixida.
2.0.5
- Compatibilidade con ‘next_post_link()’ e ‘previous_post_link()’ (de individual a individual).
2.0.4
- Fallo corrixido
2.0.3
- A páxina de axustes de Intuitive CPO moveuse ao menú Axustes.
2.0.2
- Fallo corrixido
2.0.0
- Selecciona os obxectos ordenables. (Entradas, páxinas e tipos de contido personalizados)
- Compatibilidade con páxinas e tipos de contido personalizados xerárquicos.
- O estado dos elementos ordenables non é só ‘publish’, senón tamén todos os demais estados (‘pending’, ‘draft’, ‘private’, ‘future’).
- Na paxinación, todo funciona normalmente. Así, ‘screen-per-page’ queda ao gusto do usuario.
- Nas listas ordenadas por calquera categoría (Categoría, Etiqueta, Taxonomía), todo funciona normalmente.
- Compatibilidade con entradas fillas e páxinas fillas. Ao ordenar calquera elemento, mantense a relación do elemento pai cos seus elementos fillos.
1.2.1
- Fallo corrixido
1.2.0
- Interface ordenable visualmente máis clara. (Cambio de cursor, etc.)
- Os elementos ordenables só se poden arrastrar en vertical.
- Activouse a edición rápida do menú.
- Xa non colapsa o ancho das celas cada vez que se arrastra un elemento.
1.1.1
- Fallo corrixido
1.1.0
- screen-per-page configúrase automaticamente en ‘999’ para evitar problemas por non establecelo.
- Exclúese a consulta personalizada que use os parámetros ‘order’ ou ‘orderby’, en ‘get_posts’ ou ‘query_posts’ e similares.
1.0.0
Versión inicial
